Acordos tomados na Xunta Directiva da Asociación Costa da Morte GDR

May 16, 2017

A Xunta Directiva da Asociación Costa da Morte GDR – presidida por Manuel Muíño - na reunión celebrada o 15/05/2017, tratou os seguintes temas:

 

1º.- Aprobación das actas de sesións anteriores

Aprobáronse as actas das Xuntas Directivas do 23/02/2017 e do 31/03/2017.

 

2º.- Aprobación , se procede, das contas anuais do ano 2016.

Expuxéronse as contas anuais do ano 2016, balances e contas de perdas e ganancias, e foron validadas polos presentes para a súa elevación e aprobación definitiva na Asemblea Xeral Ordinaria.

 

3º.- Aprobación, se procede, do orzamento do ano 2017.

Explicouse o orzamento de 2017 e foi validado polos presentes e proponse a súa elevación para a aprobación definitiva na Asemblea Xeral Ordinaria.

 

4º.- Altas e baixas de asociados.

Hai 7 baixas previstas, producidas ben por desestimento dos socios, ben por non ser posible o contacto cos representantes trala devolución de recibo de cobro ou por disolución da entidade. Acordouse confirmar as baixas desas 7 entidades.

5º.- Convocatoria da asemblea Xeral Ordinaria

Acordouse convocar a Asemblea para o vindeiro venres 2 de xuño de 2017 ás 20:30 horas en primeira convocatoria e ás 21:00 horas en segunda convocatoria, no Centro Social de Baio.

 

6º Informes de presidencia.

1º Presentou unha proposta CaixaBank para un posible convenio de colaboración do GDR con MicroBank para o estudio e detección de iniciativas susceptibles de ser apoiadas por dita entidade de crédito, a través da concesión de microcréditos para financiamento de proxectos empresariais promovidos por persoas emprendedoras ou microempresas que poidan ter dificultades de acceso a financiamento bancario. As condicións económicas deste “microcrédito social” son: 25.000 euros de contía máxima (límite 95% do investimento), prazo de 72 meses incluídos 6 de carencia (opcional) e entorno ao 6,5% de tipo de xuro en función do establecido na cláusula terceira do Convenio ; sen garantía real, nin condición de aval (excepto persoas xurídicas).

Os compromisos do GDR serían a detección das posibles necesidades de financiamento para promover o autoemprego e consolidación de microempresas; facilitar apoio e asesoramento para o bo desenvolvemento do proxecto en cuestión; analizar a viabilidade do proxecto e informar as persoas ou empresas da posibilidade de dirixirse a MicroBank, co fin de que esta entidade estude o seu caso e aprobe unha posible solicitude de financiamento.

Os presentes consideran a proposta de convenio aceptable e acordan a sinatura do mesmo.

 

2º Infórmase sobre o estado de solicitudes do programa Leader rexistradas na primeira convocatoria do 31 de marzo do presente ano.

Hai 28 solicitudes rexistradas, 24 consideráronse favorables polo equipo técnico e segundo os datos analizados e estando pendentes da verificación de Agader, estímase un volume de investimento de mais de 5.200.000€ e as axudas propostas roldarían os 1.600.000 € (o que supón o dobre do orzamento que hai dispoñible).

Facebook
Twitter
Please reload

Entradas destacadas

"COSTA DA MORTE - TERRA ATLÁNTICA" NA TELEVISIÓN DE GALICIA.

November 19, 2019

1/3
Please reload

Entradas recientes
Please reload

Archivo
<