Asociación de Desenvolvemento da Costa da Morte
Obter Adobe Flash player
Precízase ter javascript activado e Adobe Flash Player instalado, para visualizar correctamente esta páxina.

GDR Costa da Morte

Quen é a Asociación Costa da Morte-GDR?

É unha asociación sen ánimo de lucro que se constituiu coa finalidade de ser o núcleo de integración e representación dos diferentes axentes territoriais, institucionais, sociais e económicos, tanto públicos como privados, interesados en promover o desenvolvemento do seu territorio de actuación.

Cal é o Territorio de Actuación da Asociación?

  • Inicialmente foi o dos concellos de: Camariñas, Carnota, Cee, Corcubión, Dumbría, Fisterra, Mazaricos, Muxía, Vimianzo e Zas e a partir do 22/04/2016 ampliouse o territorio aos concellos da Comarca de Bergantiños.
  • Actualmente o territorio de actuación é o dos seguintes 17 concellos: Cabana de Bergantiños, Camariñas, Carballo, Carnota, Cee, Corcubión, Coristanco, Dumbría, Fisterra, A Laracha, Laxe, Malpica de Bergantiños, Mazaricos, Muxía, Ponteceso, Vimianzo e Zas.

Cando se creou ?

Houbo dúas asembleas constituíntes:

1ª.- O 19 de xullo de 2008, en Baio, nela acordouse o seguinte:

  • Elexiuse o nome: “Asociación Costa da Morte-GDR”
  • Aprobáronse as cotas de entrada e mantemento anual (20€ entidades privadas e 500€ concellos)
  • Aprobouse o número de representantes por Mesas Sectoriais que forman parte da Xunta Directiva (máximo de 29 membros)
2ª.- O 8 de Agosto de 2008, en Vimianzo, nela acordouse o seguinte:
  • Elexíronse os representantes de cada Mesa Sectorial
  • Elexíronse as persoas para ocupar os cargos de: Presidente/a, Vicepresidente/a, Tesoureiro/a e Secretario/a.
  • Aprobáronse os Estatutos Sociais e quedou formalmente constituida a asociación.

Funcións do GDR

A Asociación foi creada no 2008 para concurrir á xestión do Programa “Leader Galicia 2007-2013”. Na actualidade somos un Grupo de Desenvolvemento Rural e levamos a xestión do Programa Leader no noso territorio de actuación. Este Grupo de Desenvolvemento Rural (GDR) ten como función principal executar o seu Programa de Desenvolvemento Rural LEADER 2007-2013. No marco desta función xenérica, corresponderalle:

  1. Informar e asesorar á poboación rural sobre o contido e alcance do programa de desenvolvemento rural e incentivar a participación activa no mesmo.
  2. Promover e captar iniciativas, así como acompañar aos promotores no proceso de maduración de proxectos.
  3. Avaliar e seleccionar proxectos promovidos polos promotores do territorio.
  4. Efectuar, por delegación de AGADER, o control e seguimento da execución dos proxectos.
O GDR axustará a súa actividade aos principios de colaboración, obxetividade, imparcialidade, eficacia, eficiencia, transparencia, publicidade e libre concurrencia.

Órganos da Asociación

Colexiados:

  • Asemblea Xeral
  • Xunta Directiva
  • Mesas Sectoriais
Unipersoais:
  • Presidente/a: Manuel Muiño Espasandín
  • Vicepresidente/a: Francisco Javier González Trillo
  • Secretario/a: José Manuel López varela
  • Tesoureiro/a: Luis García Fernández

Mesas Sectoriais e Número de Representantes

  • Sector Agrario e Gandeiro (2)
  • Sector Forestal (1)
  • Asociacións de Mulleres (1)
  • Asociacións de Mozos (1)
  • Asociacións de Acción Social (1) 
  • Asociacións para a Conservación, Protección e/ou Mellora do Ambiente (1)
  • Asociacións de Empresarios e asociacións Profesionais (1)
  • Asociacións Culturais (1)
  • Asociacións Deportivas, Recreativas, de Veciños e sectores non adscritos noutras mesas(2)
  • Sector Turismo eHostalería (1)
  • Sector de Artesanía (1)
  •  Sector Institucional (8)

Equipo Técnico

O GDR, para a xestión do Programa Leader Galicia 2007-2013, conta co seguinte equipo técnico:
Xerente: José Antonio Vila García
Administrativa: Mª Soledad Facal Ameijeiras

Listaxe de ligazóns

Listaxe de descargas

Asociación de Desenvolvemento da Costa da Morte | © by Abertal

R/A Torre, s/n – Edificio Servicios Múltiples - 15129 - Vimianzo (A Coruña) - Blog
T:981 717 358 -F:981 717 208 -E-mail: gdrcostadamorte@gdrcostadamorte.com