Asociación de Desenvolvemento da Costa da Morte
Obter Adobe Flash player
Precízase ter javascript activado e Adobe Flash Player instalado, para visualizar correctamente esta páxina.

Criterios xerais

Territorio Elexible

O ámbito territorial cuberto polo Programa LEADER 2007-2013 que xestiona a Asociación Costa da Morte - GDR  corresponde coa totalidade do territorio dos concellos do ámbito de actuación desta asociación, que son os seguintes: Camariñas, Carnota, Cee, Corcubión, Dumbría, Fisterra, Mazaricos, Muxía, Vimianzo e Zas.

Requisitos Xeráis

  • Estar localizados no ámbito de actuación da Asociación Costa da Morte –GDR.
  • Ser viables técnica, económica e financeiramente, para proxectos de natureza productiva.
  • Axustarse á normativa sectorial (comunitaria, estatal e autonómica) que resulte de aplicación para cada tipo de proxecto.
  • Ser finalistas, é decir, que na data da xustificación final das inversións os gastos subvencionados cumplan os obxetivos e funcións para os que foron aprobados os proxectos.
  • Ter carácter innovador, entendendo innovación non só como innovación tecnolóxica, sinón como a exploración de novas formas de enfrentarse aos retos de cada territorio.
  • Que a inversión para a que se solicita a axuda non esté iniciada.

Beneficiarios

Poderá ser beneficiario destas axudas calquera persoa física ou xurídica que promova un proxecto no ámbito de actuación da Asociación Costa da Morte – GDR, polo que os proxectos poderán ser promovidos por:
•Persoas físicas
•Persoas xurídicas de carácter privado

  • Sociedade laboral
  • Sociedade mercantil
  • Sociedade civil
  • Soc. Agraria de transformación
  • Cooperativa
  • Asociación
  • Fundación
•Entidades públicas de carácter local ou comarcal: concellos, mancomunidades, consorcios i entidades dependentes das anteriores
•As comunidades de montes veciñáis en mancomún e as súas mancomunidades

AS COMUNIDADES DE BENS NON PODEN SER BENEFICIARIAS


Os beneficiarios terán que cumplir os requisitos establecidos no artigo 2 das normas xeneráis (Anexo III) do Novo Réxime de Axudas.


Tipoloxía de Proxectos Subvencionables

Os proxectos subvencionables han de poder enmarcarse nas Medidas e Ámbitos que figuran nas Fichas de Elexibilidade do Novo Réximen de Axudas (Capítulo V, VI e VII). A continuación enuméranse as tres medidas e os diferentes ámbitos de actuación:

DINAMIZACIÓN DO SECTOR AGRARIO E FORESTAL

a.-
Proxectos de investimento en explotacións agrárias que teñan pólo menos 1 UTA
b.- Proxectos que impliquen a posta en valor económico de superficies de montes veciñais en man común ou de asociacións de propietarios, sempre que sexan actuacións singulares, excluíndo as plantacións ou actuacións forestais regulares e os tratamentos silvícolas asociados a elas. Non serán subvencionables os proxectos nos cales mais do 50% do orzamento consistan en tarefas de roza.
c.- Proxectos que aumenten o valor engadido dos productos agrarios e forestais. Os investimentos nesta liña serán financiables únicamente nos casos en que non exista outra liña ou medida na cal o proxecto ou actuación poida ser encadrable e sempre que non estea sometido a unha limitación sectorial polo departamento competente.
d.- A concesión da axuda está supeditada a que existan demandas e daídas normais ao mercado para o obxecto do investimento e a que estes respondan a unha necesidade estructural ou territorial.


MELLORA MEDIOAMBIENTAL E DO CONTORNO RURAL

a) Inversións non productivas en explotacións agrarias
b) Inversións non productivas en espacios forestais
c) Inversións non productivas para a adecuación, recuperación e posta en valor do patrimonio natural no  contorno rural

DIVERSIFICACIÓN DA ECONOMÍA RURAL E MELLORA DA CALIDADE DE VIDA

  1. Diversificación das explotacións agrarias hacia actividades non agrarias.
  2. Creación, ampliación, modernización de pemes, en sectores da economía diferentes ao da producción agraria primaria
  3. Fomento de actividades turísticas.
  4. Servizos básicos para a economía e a poboación rural.
  5. Renovación e desenvolvemento de poblacións ruráis e conservación e mellora do patrimonio
O GDR está interesado e acolle todas as tipoloxías de operacións descriptas nas novas bases da convocatoria do programa Leader de data 20 de diciembro de 2013, aínda que se van a priorizar as expostas no PDR da Asociación Costa da Morte-GDR.



Gastos-Inversións Subvencionables

Os gastos-inversións subvencionables están reflexados no Réxime de Axudas no artigo 3 do Capítulo I (Normas Xerais) e en cada unha das fichas de elexibilidade.

Presentación Solicitudes de Axuda

As solicitudes de axuda presentaranse na oficina da Asociación Costa da Morte-GDR, sita en:
C/A Torre, s/n – Edificio de Servicios Múltiples
15129 Vimianzo (A Coruña)

Listaxe de descargas

Asociación de Desenvolvemento da Costa da Morte | © by Abertal

R/A Torre, s/n – Edificio Servicios Múltiples - 15129 - Vimianzo (A Coruña) - Blog
T:981 717 358 -F:981 717 208 -E-mail: gdrcostadamorte@gdrcostadamorte.com