Asociación de Desenvolvemento da Costa da Morte
Obter Adobe Flash player
Precízase ter javascript activado e Adobe Flash Player instalado, para visualizar correctamente esta páxina.

Como facerse socio ?

Composición

A Asociación Costa da Morte-GDR estará integrada por un conxunto equilibrado e representativo dos interlocutores dos diferentes sectores socioeconómicos, tanto públicos como privados, con arraigo no ámbito de actuación da asociación, debendo ter tamén un carácter equilibrado e representativo no plano territorial.

Non poden formar parte da asociación as persoas físicas e as sociedades mercantís, excepto as seguintes entidades da economía social: cooperativas, sociedades agrarias de transformación e sociedades laborais.

Rexe o principio de portas abertas, tanto para incorporación de novos asociados como para quenes queiran deixar de selo.

Adquisición da condición de Asociado

Para adquirir a condición de asociado haberá que presentar unha solicitude de ingreso xunto coa seguinte documentación:

  • Acordo do órgano competente da entidade que exprese a vontade de ser asociado
  • Acordo do órgano competente nombrando a persoa que a representará na asociación e quen a sustituia.
  • Copia dos Estatutos
  • Copia da Acta de Constitución
  • Copia do C.I.F. da entidade e do N.I.F. do representante e Sustituto
  • Autorización de domiciliación das cotas en conta bancaria
  • Acreditación dun ano de actividade no territorio
Cando o candidato a ser asociado non teña o seu domicilio social no ámbito de actuación desta asociación deberá demostrar que desenvolve unha actividade relevante e consolidada no tempo en dito ámbito territorial.

Número de Asociados Fundadores por Mesas Sectoriais

  • Sector Agrario e Gandeiro: 29 asociados
  • Sector Forestal: 18 asociados
  • Asociacións de Mulleres: 10 asociados
  • Asociacións Xuvenís: 2 asociados
  • Asociacións Culturais, Recreativas e Medio Ambientais: 42 asociados
  • Asociacións Deportivas: 17 asociados
  • Asociacións de Veciños: 26 asociados
  • Asociacións multisectoriais de empresarios, axentes sociais e sectores non adscritos noutras mesas: 22 asociados
  • Sector Turismo, Hostalería e Artesanía: 7 asociados
  • Sector Institucional: 10 asociados
Total: 183

Listaxe de descargas

Asociación de Desenvolvemento da Costa da Morte | © by Abertal

R/A Torre, s/n – Edificio Servicios Múltiples - 15129 - Vimianzo (A Coruña) - Blog
T:981 717 358 -F:981 717 208 -E-mail: gdrcostadamorte@gdrcostadamorte.com