Asociación de Desenvolvemento da Costa da Morte
Obter Adobe Flash player
Precízase ter javascript activado e Adobe Flash Player instalado, para visualizar correctamente esta páxina.

Baremo e Procentaxe de Axuda

Baremo

Unha vez que o promotor presente a solicitude de axuda, xunto con toda a documentación necesaria para a tramitación do expediente, hai que elaborar o Informe de Control de Elexibilidade (ICE) por parte do equipo técnico do GDR para remitir á Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (AGADER). Unha das cousas que hai que reflexar no ICE é a baremación e puntuación acadada polo proxecto. No ICE informarase de se o proxecto é subvencionable ou non, da puntuación acadada e da subvención que lle corresponde, se é o caso. Se o proxecto é subvencionable, en función da puntuación acadada corresponderalle unha determinada porcentaxe de subvención.

Hai un baremo para proxectos productivos e outro baremo para proxectos non productivos.

Porcentaxe de Axuda

Se o proxecto é subvencionable, haberá que acadar unha puntuación mínima de 15 puntos para ter dereito a subvención, e en función do tipo de proxecto corresponderalle unha porcentaxe de axuda ou outra.

Porcentaxe de axuda para cada tipo de proxecto.

Proxectos produtivos:

  • Nota de corte: 15 //  % de axuda: 30% //  Nota máxima: 65 // % de axuda: 45%
Proxectos non produtivos prioridade alta
  • Nota de corte: 15 //  % de axuda: 75% //  Nota máxima: 65 // % de axuda: 100%
Proxectos non produtivos prioridade media
  • Nota de corte: 15 //  % de axuda: 45% //  Nota máxima: 65 // % de axuda: 70%
Proxectos non produtivos prioridade baixa
  • Nota de corte: 15 //  % de axuda: 25% //  Nota máxima: 65 // % de axuda: 50%

Para aplicar a porcentaxe de axuda correspondente entre o máximo e o mínimo, calcúlase mediante unha relacional proporcional directa cos puntos obtidos no baremo, axustada esa porcentaxe a un decimal, tal e como se indica a continuación. Os proxectos productivos que acaden unha puntuación superior a 15 puntos terán unha subvención do 30% polos 15 primeiros puntos e por cada punto a maiores terán un 0,3% máis de axuda ata un máximo do 45%.

Todos os proxectos non produtivos que consigan superar a nota de corte (15 ptos) reciben como mínimo o 25% os de prioridade baixa, o 45% os de prioridade media e o 75% os de prioridade alta, máis a axuda que lle corresponda segundo unha recta de regresión lineal (aplicación dunha regra de tres simple). Segundo se encadre o proxecto dentro dos seus criterios de prioridade, o máximo que poderán recibir é do 50% para proxectos de prioridade baixa, o 70% para proxectos de prioridade media ou o 100% para proxectos de prioridade alta. Por cada punto a maiores dos 15 terán unha subvención de 0,5% ata o máximo establecido en función da prioridade.

ESTABLÉCESE UN LÍMITE MÁXIMO DE AXUDA DE 60.000,00€ POR PROMOTOR PARA OS PROXECTOS NON PRODUCTIVOS NAS MEDIDAS 412 E 413. O LÍMITE É POR PROMOTOR, E SERÁ O TOPE MÁXIMO DE AXUDA QUE PODERÁ RECIBIR UN MESMO PROMOTOR DO PROGRAMA LEADER GALICIA 2007-2013, QUE XESTIONA A ASOCIACIÓN COSTA DA MORTE-GDR, BEN SEXA POR UN PROXECTO OU POLA ACUMULACIÓN DE VARIOS PROXECTOS ENTRE AS DÚAS MEDIDAS AO LONGO DE TODO O PERÍODO DE DURACIÓN DO PROGRAMA LEADER.

Listaxe de descargas

Asociación de Desenvolvemento da Costa da Morte | © by Abertal

R/A Torre, s/n – Edificio Servicios Múltiples - 15129 - Vimianzo (A Coruña) - Blog
T:981 717 358 -F:981 717 208 -E-mail: gdrcostadamorte@gdrcostadamorte.com